Despois da saída á Illa continuaremos traballando o aprendido, agora na aula. Deste xeito convidarase ao alumnado a transformarse en escultores por un día. O obxectivo desta actividade non é outro que favorecer a creatividade, facer partícipes aos nenos e nenas do arte e proporcionarlles protagonismo.Para esta actividade empregaremos diferentes materiais da aula para que cada alumno ou alumna traballe cun estilo de arte que desexe. Poderán elixir entre cores e papel, arcilla, plastilina... dependo das posibilidades da aula.
Cando todo o alumnado remate as súas obras, expoñeranse fronte aos seus compañeiros e asinaranse todas e cada unha delas coma verdadeiros artistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario