martes, 30 de abril de 2019

Mural de materiais

Para rematar, levarase a cabo unha última actividade cos materiais recollidos na Illa das Esculturas. Igual que na anterior, o alumnado é libre de facer o deseño que desexe, en relación á Illa, para máis tarde asinalo e expoñelo diante dos seus compañeiros. Posteriormente poderase tamén expoñer ao resto da escola.


Con esta actividade non so traballamos a creatividade, tamén facemos partícipes aos cativos e cativas da necesidade de coidar os nosos espazos públicos, a reciclaxe e valores cívicos varios.

Ao finalizar esta actividade levarase a cabo unha asemblea final onde trataremos todo o aprendido e pecharemos a unidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario