Agora que xa comentamos o que queremos conseguir con este proxecto, quédanos plantexar as actividades que propoñemos. Temos un total de seis actividades, repartidas en dúas de inicio, a modo de presentación da saída, a propia visita á Illa das esculturas, na que se realizarán outras dúas actividades, e por última dúas finais para asentar os coñecementos.
As actividades de inicio serán as seguintes:
- En primeiro lugar, realizamos unha presentación das esculturas que imos ver na Illa. A nosa idea é realizar a presentación nunha PDI, posto que nos permite realizar actividades interactivas (como adiviñar a escultura, relacionala co seu autor...) o cal permite aos máis pequenos e pequenas ter as ideas máis claras. Esta presentación tamén se pode facer nun proxector, ou incluso con fotografías, o obxectivo é ensinarlle ás crianzas o que van ver na visita.
- Despois da presentación pedímoslle ao noso alumnado que elixan unha escultura (sempre tratando que se elixan todas no total da aula) e a investiguen pola súa conta. Partimos da base de que son nenos e nenas pequenos e non teñen porque saber ler, polo que a investigación pode ser de fontes orais (familia por exemplo). Logo terán que trasmitir o que aprenderon ao resto da clase, desta forma todos e todas terán unha base de información sobre todas as esculturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario