martes, 30 de abril de 2019

Os nosos obxectivos

Antes de levar a cabo o noso proxecto temos que plantexarnos que obxectivos queremos alcanzar con el. É moi importante ter claro os coñecementos que queremos que cheguen aos nenos e as nenas aos que vai dirixido.
No noso caso serían os seguintes:
  • Coñecer o seu propio corpo e o dos demáis, as súas posibilidades de acción e aprender a respetar as diferencias.
  • Observar e explorar o seu entorno familiar, natural e social.
  • Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
  • Desenvolver as súas capacidades afectivas.
  • Relacionarse cos demáis e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflictos.
  • Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
  • Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas, e na lecto-escritura e no movemento, o xesto e o ritmo.

Por outro lado tamén establecemos unha serie de obxectivos para este blog, xa que é necesario precisar os coñecementos que queremos que vos cheguen a vos, os lectores e lectoras:

  • Adquirir coñecementos sobre a Illa das Esculturas e as suas obras.
  • Coñecer a importancia que ten a exploración sobre bens patrimoniais para os nenos e nenas de curta idade
  • Dar ideas para a realización de outros proxectos
  • Crear unha rede de comunicación e colaboración entre profesionais
  • Destacar a importancia dos bens patrimoniais e concienciar do seu coidado


No hay comentarios:

Publicar un comentario